ONDE ESTÁ A MIÑA ENTREVISTA?

Agosto 1, 2008 por Seveper

A presentadora de TV Mercedes Milá entrevistou a Mavi, nai de Carlos Palomino, para a sua reportaxe “Diário de… Os extremos odian-se”, emitido o 19 de xuño. Despois de o ver Mavi escrebeu unha carta, da que publicamos un extracto para apoiar a sua petición de difusión.

MARIVÍ MUÑOZ. A nai do antifascista asasinado por un militar, Carlos Palomino, no cuarto do seu fillo en Vallecas.

leer máis »

O SEGREDO, A.D.R. CASTELAO

Julio 30, 2008 por Seveper

Tiña eu once anos cando meu pai, que estaba na Arxentina, nos chamou cabo de si; e lá fomos embarcados, a miña nai e mais eu, nun paquebote alemán. E axiña de arribar a Bos Aires pillamos un tren que corría moito e logo outro tren que corría pouco e despois un coche de cabalos que nos levou a tombos polo deserto da Pampa. Naquela soedade plantara meu pai unha casa para facerse rico, cavilando sempre nos eidos nativos; e era forza pechar os ollos ó circio traballo en espera do retorno feliz.

A nosa casa era o centro comercial de dez leguas á redonda. Alí vendiamos de todo e alí mercabamos canto producía o país: la, coiros e plumas. O mostrador do comercio estaba defendido con reixas de ferro, porque na nosa casa –portelo obrigado de moitos vieiros- paraban de cotío “gauchos” bravos, afeitos a tomarse de bebida para aldraxarnos co coitelo na man.

leer máis »

O NOSO PATRIMONIO Ó MELLOR POSTOR

Julio 27, 2008 por Seveper

Ourense, 3 de xullo de 2008. ADEGA vén de coñecer a catástrofe ambiental que acaba de autorizar en plena Rede Natura o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Medio Mariño, que preside a ministra ourensá Elena Espinosa. Trátase doutro aproveitamento hidroeléctrico -Santo Estevo II- en central soterrada en pleno canón do Sil. Con esta nova concesión hidroeléctrica a Iberdrola, o río Sil recibirá unha puñalada mortal cuase definitiva. Onde está a promesa do conselleiro de Medio Ambiente de non autorizar máis aproveitamentos no Sil, e moi especialmente este?. É este o “peso” que ten a administración galega en Madrid para defender as nosas xoias naturais?.

PERDIDO NO MATO

Julio 25, 2008 por Seveper

Jonathan dos Santos Alves de 18 anos de idade, perdeuse na Amazonía o 11 de maio pasado, cando saíu con dous amigos para cazar animais, levados polo seu afán, votóuselles a noite enrriba e Jonathan adentrouse no mato coa convicción de que iva polo camiño correcto e perdeuse.

leer máis »

CAMBEDO DA RAIA

Julio 23, 2008 por Seveper

XOSÉ MARZO

Julio 13, 2008 por Seveper
Entrevista con Xosé Marzo,
por Jeanne Corvacho (Bruselas)
Parque de O Retiro, Feira do Libro de Madrid, 14 xuño 2008

En primeiro lugar, queria felicitalo polo seu último romance, Vento nos ouvidos. En outra parte expresou que tentou distorsionar “a história de España até facela irrecoñecíble”, pero segue semellando-se moito á história de España.

Unha persoa que coñeza algo da história atopará paralelismos e tamén diferencias notabeis co narrado no romance. As persoas que non saben case nada de história e tamén as que saben moito están lendo-a sen prexuízos.

¿Temos moitos prexuízos sobre a história?

Sobre a história e sobre moitas outras cousas.

Penso que a pedra angular do romance, antes que ser protagonista, Isidro, é o seu sobriño que narra os feitos. Tres palabras poderian calificar o mais singular do seu carácter: imaxinativo, sensíbel, irónico.

É un narrador libre. Disfrutei moito vendo as cousas desde os seus ollos.
leer máis »

XA LLE VALE A “VALE”

Julio 10, 2008 por Seveper

VALE é a empresa mineira do Brasil de maior producción mundial de mineral de ferro.

Esta empresa, quere construir unha empresa hidroeléctrica (Baguari), situada en Pedra Corrida, Municipio do Gobernador Valadares (Estado de Minas Xerais), no sudoeste brasileiro. Para levar a cabo este proxecto ten que negociar con 500 familias, que serán desaloxadas para inundar a terra na que viven.

leer máis »

  • Entradas Recientes

  • Loita contra o spam.

  • Meta







  • argentinaHoteles y posadas




  • BlogESfera - Directorio de Blogs Hispanos

    Aloxado en