XOSÉ MARZO
Domingo, Julio 13th, 2008
Entrevista con Xosé Marzo,
por Jeanne Corvacho (Bruselas)
Parque de O Retiro, Feira do Libro de Madrid, 14 xuño 2008
En primeiro lugar, queria felicitalo polo seu último romance, Vento nos ouvidos. En outra parte expresou que tentou distorsionar “a história de España até facela irrecoñecíble”, pero segue semellando-se moito á história de España.
Unha persoa que coñeza algo da história atopará paralelismos e tamén diferencias notabeis co narrado no romance. As persoas que non saben case nada de história e tamén as que saben moito están lendo-a sen prexuízos.
¿Temos moitos prexuízos sobre a história?
Sobre a história e sobre moitas outras cousas.
Penso que a pedra angular do romance, antes que ser protagonista, Isidro, é o seu sobriño que narra os feitos. Tres palabras poderian calificar o mais singular do seu carácter: imaxinativo, sensíbel, irónico.
É un narrador libre. Disfrutei moito vendo as cousas desde os seus ollos.
(more…)

DISCURSO PRONUNCIADO POR GERVASIO SÁNCHEZ (XORNALISTA E FOTÓGRAFO) NA ENTREGA DOS PREMIOS ORTEGA Y GASSET O 7 DE MAIO DO 2008
XOSÉ ROMERO TUBÍO




