O INTRE SEGREDO
Miércoles, Octubre 8th, 2008
Un comerciante moi rico tiña unha filla de meixelas brilantes como Venus. O seu rostro era fermoso como a lúa e daba boa sorte.
Cando alcanzou a idade da madurez, o seu pai confiouna a un marido. Pero este marido apenas era digno dela. Non obstante, se as sandías maduras non se collen, se podrecen. Así, por temor aos subornadores, o pai viuse obrigado a cometer este erro.
Dixo, non obstante, á súa filla:
«Pon moita atención para non quedar preñada. Só por necesidade te caso con este pobre home. É un solitario e non hai que esperar moita constancia pola súa parte. Se te abandona calquera día, a carga dun fillo sería demasiado pesada para ti.
- ¡Oh, pai! -dixo a bela-, ¡o teu consello é ben intencionado e cheo de razón e obrarei seguindo o teu parecer! ».
Cada tres días, o comerciante reiteraba os seus consellos á súa filla para protexela do perigo da procreación. (more…)



A presentadora de TV Mercedes Milá entrevistou a Mavi, nai de Carlos Palomino, para a sua reportaxe “Diário de… Os extremos odian-se”, emitido o 19 de xuño. Despois de o ver Mavi escrebeu unha carta, da que publicamos un extracto para apoiar a sua petición de difusión.
Tiña eu once anos cando meu pai, que estaba na Arxentina, nos chamou cabo de si; e lá fomos embarcados, a miña nai e mais eu, nun paquebote alemán. E axiña de arribar a Bos Aires pillamos un tren que corría moito e logo outro tren que corría pouco e despois un coche de cabalos que nos levou a tombos polo deserto da Pampa. Naquela soedade plantara meu pai unha casa para facerse rico, cavilando sempre nos eidos nativos; e era forza pechar os ollos ó circio traballo en espera do retorno feliz.
DISCURSO PRONUNCIADO POR GERVASIO SÁNCHEZ (XORNALISTA E FOTÓGRAFO) NA ENTREGA DOS PREMIOS ORTEGA Y GASSET O 7 DE MAIO DO 2008


