Arquivo do mes de ‘HISTORIAS’ Categoría

O SEGREDO, A.D.R. CASTELAO

Miércoles, Julio 30th, 2008

Tiña eu once anos cando meu pai, que estaba na Arxentina, nos chamou cabo de si; e lá fomos embarcados, a miña nai e mais eu, nun paquebote alemán. E axiña de arribar a Bos Aires pillamos un tren que corría moito e logo outro tren que corría pouco e despois un coche de cabalos que nos levou a tombos polo deserto da Pampa. Naquela soedade plantara meu pai unha casa para facerse rico, cavilando sempre nos eidos nativos; e era forza pechar os ollos ó circio traballo en espera do retorno feliz.

A nosa casa era o centro comercial de dez leguas á redonda. Alí vendiamos de todo e alí mercabamos canto producía o país: la, coiros e plumas. O mostrador do comercio estaba defendido con reixas de ferro, porque na nosa casa –portelo obrigado de moitos vieiros- paraban de cotío “gauchos” bravos, afeitos a tomarse de bebida para aldraxarnos co coitelo na man.

(more…)

PERDIDO NO MATO

Viernes, Julio 25th, 2008

Jonathan dos Santos Alves de 18 anos de idade, perdeuse na Amazonía o 11 de maio pasado, cando saíu con dous amigos para cazar animais, levados polo seu afán, votóuselles a noite enrriba e Jonathan adentrouse no mato coa convicción de que iva polo camiño correcto e perdeuse.

(more…)

CAMBEDO DA RAIA

Miércoles, Julio 23rd, 2008

GERVASIO SÁNCHEZ

Viernes, Julio 4th, 2008

Gervasio SánchezDISCURSO PRONUNCIADO POR GERVASIO SÁNCHEZ (XORNALISTA E FOTÓGRAFO) NA ENTREGA DOS PREMIOS ORTEGA Y GASSET O 7 DE MAIO DO 2008

(No acto estaban presentes a Vicepresidenta do Goberno, varias ministras e ministros, exministros do Partido Popular, a Presidenta da Comunidade de Madrid, o Alcalde de Madrid, o Presidente do Senado e centenares de persoas)

Estimados membros do xurado, donas e señores:

É para min un gran honor recibir o Premio Ortega e Gasset de Fotografía convocado polo País, diario onde publiquei as miñas fotos iniciáticas de América Latina na década dos oitenta e meus mellores traballos realizados en diferentes conflitos do mundo durante a década dos noventa, moi especialmente as fotografías que tomei durante o cerco de Saraxevo.

Quero dar as grazas aos responsables de Heraldo de Aragón, do Magazine da Vangarda e a Cadena Ser por respectar sempre o meu traballo como xornalista e permitir que os protagonistas das miñas historias, tantas veces seres humanos extraviados nas cloacas da historia, teñan un espazo onde chorar e berrar.

(more…)

O PCLN NUNCA DEBEU DE EXISTIR

Martes, Julio 1st, 2008

A historia da UPG está arrodeada de escurantismo pero é de todos coñecidas as purgas políticas, en círculos reducidos cada vez máis amplos. E unha figura destaca por riba de todas, pois é secretario xeral hoxe en día e foino durante moitos anos, é don Francisco Rodríguez, o amigo Paco.

Este 2008 cumpriranse case un cuarto de siglo dende que a UPG decide acatar a constitución española. Naquel Congreso da UPG, este postulábase por acatar a Constitución Española por un voto de diferencia. Pero agora resulta que o amigo Paco, o coronel don Paco, conta unha nova versión.

(more…)

LYDIA CACHO RIBEIRO

Miércoles, Junio 25th, 2008

A vida de Lydia Cacho Ribeiro consagrouna a defensa dos direitos dos máis indefensos, a muller e os nenos, nun lugar onde o cotidián é cometer abusos aberrantes contra este sector da población.

Antes de publicar o libro “Os Demos do Edén” (2005), nunha das conversas que tuvo co seu compañeiro, este comentoulle: “Estou contigo no teu compromiso e na tua loita. Pero o que non che perdoaria e que te asesinaran e que só ti teñas a versión de como ocurriron as cousas”. Nel relata historias como a de Gabriela : “Gabriela, ahora de 29 años de edad, casada y con dos niños, asegura que fue víctima de Succar hace 14 años. Que la llevó una amiguita de la escuela, junto con otras ocho niñas. De esas ocho algunas se quedaron y fueron forzadas por Succar a llevar a otras niñas y niños. Ante la pregunta expresa de cuántos menores creen que Jean Succar y Gloria Pita llegaron a fotografiar, y a forzar a tener sexo para grabar videos en esos tiempos, Gabriela, con los ojos arrasados de lágrimas, calcula que quizá se trate de cientos de criaturas”.

(more…)

O POMBEIRO, UN SINDICALISTA DE CRUÍDO ASASINADO

Lunes, Junio 16th, 2008

XOSÉ ROMERO TUBÍO

No amencer do 16 de setembro de 1936 foi asasinado o primeiro presidente do Sindicato Agrario de Oficios Varios de Cruído (Lousame). Ese fora o día sinalado por un comando de falanxistas para matalo.
Xosé Romero Tubío nacerá en 1897 na aldea de Cerquides. Despois dun curto paso pola escola comezou a realizar as tarefas de labranza que facían os seus irmáns. Máis tarde traballa de fragueiro. Foi cando coñeceu a unha moza da aldea de Cruído, Xoana Martínez Blanco. O noivado transformaríase en matrimonio en 1922. Pero, como as condicións de traballo non eran boas, o protagonista desta historia emigraría a Cuba.
Será á volta da aventura atlántica cando este obreiro, que coñecera no Caribe unhas novas condicións profesionais, comece a participar activamente na renovación política agromada dende a Segunda República.
Froito deste compromiso fundaría o sindicato adherido á CNT. Naquel intre O Pombeiro vivía na aldea de Cruído coa súa dona e os tres fillos: Francisco, Xosefa e Xosé. Xa non traballaba de fragueiro porque conseguirá un posto como capataz de obras nas estradas.
Foi nesta tarefa cando protagonizou varias accións salientables: liderou algunha folga contra os contratistas, conseguiu que as mulleres votasen nas eleccións de 1933 e enfrontouse cos sectores máis reaccionarios do seu concello. As súas accións non pasarían desapercibidas para os representantes da Acción Popular e a Xuventude Católica.

(more…)

  • Entradas Recientes

  • Loita contra o spam.

  • Meta







  • argentinaHoteles y posadas




  • BlogESfera - Directorio de Blogs Hispanos

    Aloxado en