Ó Sr. EMILIO LÓPEZ PÉREZ
Lunes, Octubre 6th, 2008Resposta ao Delegado de Medio Rural de Lugo
Nós, non imos especular, a pesar das faladurías dunha posible vendetta cara SOS Courel, que se difunde dende fai tempo polo Concello, nin polo feito de que os incendios do Courel se produciran no entorno de Ferreirós de Abaixo, o máis grave iniciouse a 700 metros e aproximouse ata os 200 metros desta aldea de tres casas onde vive un dos membros desta asociación, Orlando Álvarez, que foi criticado en algúns medios de comunicación de xeito miserable por o Sr. Emilio López Pérez, que exerce desgraciadamente de Delegado de Medio Rural en Lugo.
Este home tan chistoso, que é capaz de sacar gracias das situacións máis macabras, chegou a sinalar a Orlando Álvarez do seguinte xeito: “só, sen O Courel, porque é unha asociación moi singular, que parece respostar aos intereses e ás opinións dunha única persoa”.










