Arquivo do mes de ‘AFOTOS’ Categoría

Ó Sr. EMILIO LÓPEZ PÉREZ

Lunes, Octubre 6th, 2008

Resposta ao Delegado de Medio Rural de Lugo

Nós, non imos especular, a pesar das faladurías dunha posible vendetta cara SOS Courel, que se difunde dende fai tempo polo Concello, nin polo feito de que os incendios do Courel  se produciran no entorno de Ferreirós de Abaixo, o máis grave iniciouse a 700 metros e aproximouse ata os 200 metros desta aldea de tres casas onde vive un dos membros desta asociación, Orlando Álvarez, que foi criticado en algúns medios de comunicación de xeito miserable por o Sr. Emilio López Pérez, que exerce desgraciadamente de Delegado de Medio Rural en Lugo.

Este home tan chistoso,  que é capaz de sacar gracias das situacións máis macabras, chegou a sinalar a Orlando Álvarez do seguinte xeito: “só, sen O Courel, porque é unha asociación moi singular, que parece respostar aos intereses e ás opinións dunha única persoa”.

CORREO GALLEGO.COMGALICIA HOXE.COM

(more…)

O NOSO PATRIMONIO Ó MELLOR POSTOR

Domingo, Julio 27th, 2008

Ourense, 3 de xullo de 2008. ADEGA vén de coñecer a catástrofe ambiental que acaba de autorizar en plena Rede Natura o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Medio Mariño, que preside a ministra ourensá Elena Espinosa. Trátase doutro aproveitamento hidroeléctrico -Santo Estevo II- en central soterrada en pleno canón do Sil. Con esta nova concesión hidroeléctrica a Iberdrola, o río Sil recibirá unha puñalada mortal cuase definitiva. Onde está a promesa do conselleiro de Medio Ambiente de non autorizar máis aproveitamentos no Sil, e moi especialmente este?. É este o “peso” que ten a administración galega en Madrid para defender as nosas xoias naturais?.

CAMBEDO DA RAIA

Miércoles, Julio 23rd, 2008

XA LLE VALE A “VALE”

Jueves, Julio 10th, 2008

VALE é a empresa mineira do Brasil de maior producción mundial de mineral de ferro.

Esta empresa, quere construir unha empresa hidroeléctrica (Baguari), situada en Pedra Corrida, Municipio do Gobernador Valadares (Estado de Minas Xerais), no sudoeste brasileiro. Para levar a cabo este proxecto ten que negociar con 500 familias, que serán desaloxadas para inundar a terra na que viven.

(more…)

GERVASIO SÁNCHEZ

Viernes, Julio 4th, 2008

Gervasio SánchezDISCURSO PRONUNCIADO POR GERVASIO SÁNCHEZ (XORNALISTA E FOTÓGRAFO) NA ENTREGA DOS PREMIOS ORTEGA Y GASSET O 7 DE MAIO DO 2008

(No acto estaban presentes a Vicepresidenta do Goberno, varias ministras e ministros, exministros do Partido Popular, a Presidenta da Comunidade de Madrid, o Alcalde de Madrid, o Presidente do Senado e centenares de persoas)

Estimados membros do xurado, donas e señores:

É para min un gran honor recibir o Premio Ortega e Gasset de Fotografía convocado polo País, diario onde publiquei as miñas fotos iniciáticas de América Latina na década dos oitenta e meus mellores traballos realizados en diferentes conflitos do mundo durante a década dos noventa, moi especialmente as fotografías que tomei durante o cerco de Saraxevo.

Quero dar as grazas aos responsables de Heraldo de Aragón, do Magazine da Vangarda e a Cadena Ser por respectar sempre o meu traballo como xornalista e permitir que os protagonistas das miñas historias, tantas veces seres humanos extraviados nas cloacas da historia, teñan un espazo onde chorar e berrar.

(more…)

HISTORIA DAS COUSAS

Domingo, Junio 15th, 2008

Disponte a asistir a unha clase do básico, do que temos diante e non vemos, do dramatismo deste mundo que afogamos falando do futbol ou do tempo.

Dispois do visto a actitude máis revolucionaria está en evitar o consumo e tentar de poñernos as pilas (recargables) no noso entorno máis próximo: a nosa casa; e incordiar ós gobernantes locais para que se xestione dun xeito sostible, ainda así, a crisis é fonda.

O BARALLETE

Miércoles, Junio 11th, 2008

Xentes das Terras Outas da Galicia, de xeito similar a outras zonas de Ourense, fóronse polo mundo tras unha roda de afiar, ainda sendo dura esta actividade, duro era gañar o sustendo nestas terras tan bravías.

Tense constancia da presencia de afiadores de estos paraxes orixinarios, en lugares tan alonxados coma Nova Iorke ou a Patagonia de Arxentina.

Hoxe é un oficio que ainda se mantén vivo nalgúns puntos da España.

Tiñan os afiadores linguaxe propia, actualmente extinto. Este idioma particular ou xermanía é o chamado “BARALLETE”, basado no galego falado en Ourense, encriptándose coa sustitución de verbas normais por outras inventadas e sen conexión linguística con ela. Era imposible para un profano entender esta conversa.

(more…)

  • Entradas Recientes

  • Loita contra o spam.

  • Meta







  • argentinaHoteles y posadas




  • BlogESfera - Directorio de Blogs Hispanos

    Aloxado en