A MEMORIA PRODIXIOSA: ESQUECER É SOBREVIVIR

Cando tiña tres ou catro anos, gostaba de xogar ás canicas: tiraba-as a propósito embaixo da mesa en que estaba a miña mamai con outros comadres. A mesa tiña un tabique central onde puñan os pés e eu me ficaba vendo… E se me ia a canica como por casualidade por embaixo da mesa para ollar as pernas das señoras. Ése é un dos recuerdos mais antigos que teño.
Até a data, non sei quen é o autor do poemiña que me facia recitar a miña mamai aos seus comadres. Ela dicia: “Que recite Jaimiño”. O poema era longo e acababa asi: “E ao zenzontle rimador / digo-lle baixando o llano / páxaro madrugador / até mañá cedo”. E tamén aprendera de memória o libro de história de terceiro ano e dicia todos os nomes dos reis chichimecas que houbo en México. Tiña unha memória prodixiosa.
Os primeiros versos escrebin-os cando tiña eu catorce ou quince anos. Xa estudaba a secundária, unha vez, para un concurso polo dia do mestre, o meu irmán Jorge -que era o que escrebia- fixo-me unha cuartiña e meia e dixo-me:
-Manda co teu nome.
Eu resistia-me a aquel roubo de calidade. Pero a miña mamai e todos insistiron en que o fixese porque eu podia concursar e Jorge non, pola miña idade e porque estaba na escola. E resultou premiado o traballo co primeiro lugar. Mandei-no co pseudónimo de Jaisab. Deron-me o prémio e lin-o; entón sentin-me obrigado a comezar a escreber.
Pero o que rescato é o que escrebin até 1949, cando tiña eu 23 anos, anterior nada, nada. Eran poemiñas ás noivas… polo xeral era a paixón pola muller, dos 16 aos 23 e até os 80. Pero os poemas eran moi endebeis. Tiven moitas influéncias, ben definidas. E cando notei que tiña unha voz própria atrevin-me a publicar Horal, que xa estaba escrito, todo el, no 49.
Sempre houbo unha relazón entrañabel entre os tres irmáns. Nos críamos os tres mosqueteiros. Levábamo-nos tres e tres anos: Juan era do ano 20, Jorge do 23 e eu do 26.
A cultura orixinal do maior Sabines reflectia-se na vida cotidiana, na comida mais que nada. Aprendeu-lle á miña mamai a cociñar comida libanesa: o kipe, os arames, o pan árabe… Tiña un leve acento, falaba ben o castelán pero ao princípio da revolución dician-lle “o turco”. Naceu por mero acidente nunha povoazón tabasqueña e criou-se en Líbano. Foi nunha viaxe da miña avó que o pariu aqui: primeiro levaron-llo a Balde, sede dos Sabines que emigraron, e entón a Líbano. Crio-se alá até os 14 anos. Tornou a Balde, despois a México, meteu-se á Revolución e cando chega a Chiapas xa ten grau de capitán das forzas carrancistas.
Aprendín a coñecer “As mil e unha noites” por conducto do meu vello. Sabia-se os contos de memória. E case todas as tardes, ao comezar a noite, reuníamo-nos aos seus pés, nós e outros chamacos amigos nosos, a escoitá-lo . E deixaba-nos en suspenso. ás oito e meia dicia:
-Xa é hora de cear e dormir-se . Imos, mañá seguimos.
Eu era o chunco da miña mamai, o mais pequeno dos seus tres fillos. serian catro con Xullo, quen morreu, pero o chunco era eu, o consentido, o privilexiado do seu amor. Ainda que foi amor para todos.
Era unha ama de casa con ideas liberais; viña da família de don Joaquín Miguel Gutiérrez, dirixinte liberal de Chiapas. Foi bela na sua mocidade, tivo fillos belos. E o meu papai era un tipazo. O vello era un árabe clavadísimo. Levaron unha vida de aventuras pola época en que viveron, a época da Revolución.
O meu avó, don Joaquín Gutiérrez, era enxeñeiro, tiña fortuna, e a miña avó era dona de fincas en Cintalapa. Á miña mai aprenderon-lle a tocar o piano, o violín… E fixa-te que a miña tía Chofi, que morreu na miséria, cando saía ao parque levaba unha sirvienta detrás dela con unha sombriña para que non lle dese o sol. Increibel, bañaban-a con leite de burra; despois morreu na maior miséria. Si, é certa, a miña tía Chofi non podia pronunciar a letra “c”; dicia:
-Tes ara de ulo de pota.
Foi unha muller que non tivo fillos e todos os sobriños fomos os seus fillos. Era moi inocente, moi sofrida.
Despois da infáncia, en que a miña mamai presumia co seu filliño nas xuntanzas de comadres, na secundária descobriron que eu era privilexiado coa palabra. Entón me agarraron de orador en canta data cívica habia, ou declamaba unha poesia ou dicia un discurso. E iso chegou-me a esgotar; estaba nunha festa coa miña noiva e a alguén ocorria-se-lle: “Que declame Sabines”. E amargaban-me a festa.
Aprendín-me todo “O declamador sen mestre”; eran 114 poemas de Santos Chocano, de Amado Nervo, de todo o modernismo e o premodernismo, sabia-me todos de memória. Pero esta situación chegou ao colmo unha vez, estando xa na faculdade de medicina, cando me dixo o meu irmán Xan por teléfono:
-Morreu o capitán Zepeda, quero que vaias ao seu enterro a dar-lle os pésames a dona Cristi, a sua viúva.
Cheguei nos momentos en que o levaban a enterrar ao panteón Xardin. Acompañei e dei-lle os pésames a dona Cristi. E xa o ian enterrar cando a alguén se lle ocorreu:
-Vemos aqui a unha grande promesa de México, o poeta Jaime Sabines quen nos vai dicer unhas palabras.
E eu nen coñecin ao capitán Zepeda nen sabia nada del. Ao diaño cos chiapanecos que só me incitan a ficar en ridículo!. Inventei non sei o que palabras ao lado do féretro e xa. Comecei a odiar a fama de declamador. Anos despois, cando tomei a poesia en sério, dixen: Ao diaño coa declamación e tampouco vou facer poemas declamabeis. E coa memória extraordinária que eu tiña, odiei a memória, a odiei tanto que hoxe non me lembro que comin onte.