A DEUDA AMERICANA

Exposición do Cacique Guaicaipuro Cuatemoc ante a reunión de Chefes de Estado da Comunidade Europea (08/02/2002).


Con linguaxe simple, que era transmitido en traducción simultànea a màis dun centenar de Chefes de Estado e dignatarios da Comunidade Europea, o Cacique Guaicaípuro Cuatemoc logrou inquiedar á sua audiencia cando dixo:

Aquí pois eu, Guaicaipuro Cuatemoc vin a atopar ós que celebran o encontro. Aquì pois eu, descinte dos que povoaron a Amèrica fai corenta mil anos, vin ó encontro dos que a atoparon fai só cincocentos anos. Aquì pois, atopámonos todos. Sabemos o que somos, e é abondo. Nunca teremos outra cousa. O irmán aduaneiro europeo pede-me papel escrito con visa para poder descobrir aos que me descobriron. O irmán avarento europeo pede-me pago dunha déveda contraìda por Xudas, a quen nunca autoricei a vender-me . O irmán leguleio europeo razóame que toda déveda se paga con intereses ainda que sexa vendendo seres humáns e paìses inteiros sen lles pedir consentimento. Eu vou-nos descobrindo. Tamèn eu podo reclamar pagos e tamèn podo reclamar intereses.

Consta no Arquivo de Índias, papel sobre papel, recebo sobre recibo e asina sobre sinatura, que somente entre o ano 1503 e 1660 chegaron a San Lucas de Barrameda 185 mil kilos de ouro e 16 millóns de kilos de prata remitidos de Amèrica.
1 ¨Saqueo?. ­Non o creera eu!. Porque serìa pensar que os irmáns cristiáns faltaron ao seu Sèptimo Mandamento.
2 ¨Expoliaciòn?. ­Gàrdeme Tanatzin de me figurar que os europeos, como Caìn, matan e negan sangre-a do seu irmán!
3 ¨Xenocidio?. Iso serìa dar crèdito ós calumniadores, como Bartolomè das Casas, que califican a “descuberta” como de destrucciòn das Índias, ou a ultrosos como Arturo Uslar Pietri, que afirma que a arrincada do capitalismo, e a actual civilizaciòn europea, deben-se á inundaciòn de metais preciosos!
4 ­Non! Eses 185 mil kilos de ouro e 16 millóns de kilos de prata deben ser considerados como o primeiro de moitos outros prèstamos de amizade de Amèrica, destinados ó desenvolvimento de Europa. O contrário serìa presumir a existéncia de crìmens de guerra, o que darìa direito non sòlo a exixir a devoluciòn imediata, se non a indemnizaciòn por danos e perxuizos.

Eu, Guaicaiputo Cuatemoc, prefiro pensar na menos ofensiva destas hipòtese. Tan fabulosa exportaciòn de capitais non foron màs que o início dun plano MARSHALLTESUMA, para garantir a reconstrucciòn da bàrbara Europa, arruinada polas suas nefastas guerras contra os cultos musulmáns, criadores do àlgebra, a poligamia, o baño cotidiano e outros logros superiores da civilizaciòn.

Por iso, ao celebrar o Quinto Centenario do Emprèstimo, poderemos perguntar-nos :
¿¨Fixeron os irmáns europeos un uso racional, responsábel ou polo menos produtivo dos fondos tan xénerosamente adiantados polo Fondo Indo Americano Internacional?. Disgústanos decir que non.

No estratèxico, o dilapidaron nas batallas de Lepanto, en Armadas Invencíbeis, en terceiros Reichs e outras formas de exterminio mútuo, sen outro destino que rematar ocupados polas tropas gringas da OTAN, como en Panamà , pero sen canal.

No financeiro, foron incapaces, dispois dunha moratória de 500 anos, tanto de cancelar o capital e os seus intereses, como de se independizar das rendas líquidas, as materias primas e a enerxía barata que lles exportamos, e exporta todo o Terceiro Mundo.

Este deplorabel cuadro corrobora a afirmación de Milton Friedman, según a cual unha economìa subsidiada nunca pode funcionar e obriga-nos a reclamar-lles , para o seu próprio ben, o pago do capital e os intereses que, tan xénerosamente demoramos todos estes séculos en cobrar. Ao dicer isto, aclaramos que non nos rebaixaremos a cobrar-lles aos nosos irmáns europeos as viles e sanguinárias taxas do 20 e até o 30 por cento de interès, que os irmáns europeos lle cobran ás aldeas do Terceiro Mundo. Limitaremo-nos a exixir a devolución dos metais preciosos adiantados, máis o mòdico interés fixo do 10 por cento, acumulado só durante os ùltimos 300 anos, con 200 anos de graza.
Sobre esta base, e aplicando a fòrmula europea do interès composto, informamos aos descobridores que nos deben, como primeiro pago da sua déveda, unha masa de 185 mil kilos de ouro e 16 millóns de prata, ambas cifras elevadas á poténcia de 300.
É dicer, un nùmeiro para cuxa expresión total, serìan necesárias màs de 300 cifras, e que supera amplamente o peso total do planeta Terra. Moi pesadas son esas moles de ouro e prata. ¨Cánto pesarían, calculadas en sangue?.

Aducir que Europa, en meio milénio, non pudo xerar riquezas suficientes para cancelar ese mòdico interès, serìa tanto como admitir o seu absoluto fracaso financeiro e/ou a demencial irracionalidade dos supostos do capitalismo. Tais cuestións metafìsicas, desde entón, non nos inquietan aos indios americanos.
Pero sì exiximos a sinatura dunha Carta de Intencións que discipline ás aldeas devedores do Vello Continente, e que os obrigue a cumplir o seu compromiso mediante unha pronta privatizaciòn ou reconversiòn de Europa, que lles permita entregàrnosla inteira, como primeiro pago da déveda històrica.

Din os pesimistas do Vello Mundo que a sua civilización está nunha bancarrota tal, que lles impede cumplir cos seus compromisos financeiros ou morais. En tal caso, contentaríamonos con que pagasen entregando-nos a bala coa que mataron ao Poeta.

Pero non poderán.

Porque esa bala é o corazón de Europa.

Cando o Cacique Guaicaipuro Cuatemoc deu a sua conferéncia ante o reunión de CHEFES DE ESTADO DA COMUNIDADE EUROPEA, non sabìa que estaba a exper unha tese de Direito Internacional para determinar A VERDADEIRA DÉVEDA EXTERNA, agora só resta que algùn goberno latinoamericano teña o valor suficiente para facer o reclamo ante os Tribunais Internacionais.

NOTA: Que teñan coidado as mentes que quecen con facilidade, porque este discurso alguén o fixo, pero de momento non hai constancia real de que fora do Cacique que fala coma un banqueiro dos desposeidos.

3 Comentarios to “A DEUDA AMERICANA”

  1. jopicar Dí:

    “que quecen con facilidade”
    Que significa iso? :)
    Aperta

  2. Seveper Dí:

    Que se quentan, e son puro nervo.

    Onde o pensamento ofidio, frio, calculador?.

    Lume, puro lume

  3. jopicar Dí:

    aaaahhhhhhhhhh!! vale :)

Deixe a súa opinión

Debe estar identificado pra facer un comentario.