PONTE DE NOIVA, E NON CORRAS

Van-me voltar diabético, entre tanto gilipollas. Nunca houbo tal cantidade de soplacirios na política, o sindicalismo, a cultura, o feminismo, a sociedade. Está a alterar-me a saúde tanto bon rollo e boas intencións, tanta marmelo a todas horas, tanta proposta de bicarnos na boca para que todo vaian ben, tanta certeza de que con demagoxia e añiños de Norit triscando saltarins polo prado conseguiremos unha España, un mundo, un universo mellor e mais xusto. Iso está ben para os xovens, que a obriga antropolóxica, por idade e hormonas, é bater-se en defensa de todo iso e de algunhas cousas mais. Nestas lides se desbrava un, e co derroche de enerxia, se sobrevives a iso, e coa estiba que a realidade abana no morro, ó final acabas madurando, camiño da serenidade, a experiencia e o razoabel respeito a ti mesmo, ao que fuche, es e acabarás sendo. Nen mais nen menos que a vida, en suma. O trámite obligatorio.
Por iso fai-me botar a pota o comportamento e discurso de tanto simple, de tanto cantamañáns e de tanto golfo apandador entrado xa en experiencia e anos. Toparte en cada telexornal, en cada programa de rádio, en cada titular de prensa, con simplezas próprias de colegas de bachillerato ditas por pavos con canas na barba, ou por tordas con idade de ser avós, leva á inevitábel conclusión de que, ou estamos rodeados de demorados mentais, ou trata-se de que os resortes sociais foron secuestrados por unha lexión de embusteiros e desvergoñados. Ainda que tamén pode ocorrer que todo sexa o mesmo: con frecuéncia, un parvo ó que ninguén pon limites acaba convertendo-se , por enxebre faviña do exercício, en resabiado e contumaz desvergoñado. É mais cando, como pasa agora con triste frecuéncia –antes só ocorria coa política–, é posíbel facer de calquera ideoloxia un rendabel meio de vida.
Non se trata só de España, claro. O o noso é simple contaxio. O mundo –el ocidental, ao menos– aponta por aí: cantamañanismo como espírito universal. Iso, coa que está a cair; ainda que talvez a que está a cair –y a que vai a caer– proveña precisamente de que, cada vez mais, os resortes que moven a vida e a sociedade están en poder de perfeitos parvos da fava no sentido parmenidiano –me semella que era ése– do asunto: redondos, compactos e sen poros. Até non fai moito, tíñamos o consolo de saber que, no fondo, ninguén se cria de verdade o que circulaba como moda ou tendéncia; mais ou menos o que pasa en Italia coa política. O problema é que agora xa non é asi. Agora, a xente comeza a tomalo todo en sério. E a actuar en consecuencia. na sociedade actual, a liña mais corta entre dous pontos é a estupidez. E a ditadura que, á longa, nos impón.
Hai un símbolo recente de todo iso. Pensaba en iso fai un momento, cando comecei a teclear estas liñas: Pippa Bacca, a artista italiana de trinta e tres anos que fai dous meses decidiu viaxar, vestida de noiva e facendo autostop, por alguns dos lugares mais perigosos do planeta, en nome da paz, para demostrar, dicia, que «cuando un confia nos demáis recebe só cosas buenas». O do traxe nupcial, ollo ao dado, era «metáfora dun matrimónio coa terra e coa paz, do branco e do femenino»; e o do autostop, «ponerse en mans de outros viaxeiros e fiarse da gente». Con tais antecedentes, ao mellor a alguén surprende-lle que, a pouco de comezar a viaxe, Pippa Bacca fose violada e estrangulada na raia entre Turquía e Síria por un fulano con antecedentes penais. A outros, que somos uns cabrons suspicaces e mal pensados, non nos sorprende en absoluto. Ós sítios perigosos chama-lles así precisamente porque hai perigo. E o principal perigo chama-se ser humano, sobre todo cando nos empeñamos en crer que os valores que predicamos nas nosas confortabeis saliñas de estar, discursos políticos e tertúlias da rádio e a tele,
son os mesmos que manexa un talibán cabreado con un Kalashnikov, un africano famento con un machete, ou calquera fillo de puta con poucos escrúpulos e gañas de lle picar o billete a unha señora. Por exemplo.
Di o recorte de prensa que teño sobre a mesa que a esa pobre rapaza a matou un turco desaprensivo. Pero, na miña opinión, o recorte colúmpiase. Matou-na a estupidez. A súa e a da sociedade ocidental, cada vez mais idiota e suicida, que a convenceu de que o mundo, no fondo, é un lugar simpático que só necesita un traxe de noiva para se converter no verxel de Bambi.
Autor do artigo: Arturo Pérez Reverte
