O BARALLETE

Xentes das Terras Outas da Galicia, de xeito similar a outras zonas de Ourense, fóronse polo mundo tras unha roda de afiar, ainda sendo dura esta actividade, duro era gañar o sustendo nestas terras tan bravías.

Tense constancia da presencia de afiadores de estos paraxes orixinarios, en lugares tan alonxados coma Nova Iorke ou a Patagonia de Arxentina.

Hoxe é un oficio que ainda se mantén vivo nalgúns puntos da España.

Tiñan os afiadores linguaxe propia, actualmente extinto. Este idioma particular ou xermanía é o chamado “BARALLETE”, basado no galego falado en Ourense, encriptándose coa sustitución de verbas normais por outras inventadas e sen conexión linguística con ela. Era imposible para un profano entender esta conversa.

O seguinte texto é un exemplo.

Cando os garipos deixaban a rañola ñas lirias, e o desfoscar o dia agañaban a tarazana, xempre algen da familurria oreteaba polos mireos, as veces a bata, outras a belena.

Cando os galegos que andan polo mundo, deixan a eixada e as vacas e no despertar do dia collian a roda de afiar, sempre alguén da familia choraba, unhas veces a nai, outras a muller.

A quilma alombada con ruxas, maragotas, algo de bérrea, longaños ñon pouco de dulzórreo ñe de requicha.

A mochila chea de noces, castañas, algo de pan, chourizos e un pouco de sucre e augardente.

Na caixumela algunhas tricantas que iba tratar de feirear, alambruxo pra manchar ñe xuiñas para facer sua.

Na caixa de ferramentas, algunhas tixeiras que tentaría de vender, aramio para arranxar paraugas e mixtos para acender o lume.

Maquinaba un dia ñautro. Pola gaurra xoulaba onde podia, si nunha ameixúa millor ca nunha parrián, o fin ño cabo ca parrela faise boa almadurria pra chantar a cachamea. Andaba coa roda un e outro día. Pola noite durmía onde podía, si podía nunha pousada mellor que nun pallar, ó fin e o cabo coa palla faise unha boa almofada para sentar cachola.

Cando nalgun vilón atopaba autro garipo, podia xirgar mentras botaba un mecaio quinda estaba pallifado na xabeca.

Cando nalgún pobo grande atopaba a outro galego do oficio, podía falar en barallete mentras fumaba un cigarro que tiña agochado na chaqueta.

Habia que chusar anque oretee ou axa barruxo, porque facía falta zurro, que Sanqueico nono da de balde.

Había que traballar ainda que chovera e houbera barro, porque facía falta diñeiro que Deus non o da gratis.

Si entendiche a primeira, e que tes alma de afiador e non o sabías. Si non é así, non desesperes, pois non che iba a quitar de apuro algún. Forma parte da longa lista de linguaxes extintas.

Artigo de Manuel Gomez Diaz

Deixe a súa opinión

Debe estar identificado pra facer un comentario.