PETROLEO: O SANGUE DO PLANETA

Juan Gelman é ben coñecido como poeta e como escritor que recén gañou o Premio Cervantes. O seu traballo como xornalista pasa máis desapercibido nestes lares, aínda que os seus artigos no rotativo bonaerense Página12 son unha referencia pola súa documentación.
Hai uns días Gelman recollía as afirmacións dun Subcomité do Senado norteamericano que chegaba á conclusión de que “hai evidencias substanciais que permiten concluír que o vasto número de operacións especulativas no actual mercado [de petróleo e gas natural] aumentou os prezos de xeito significativo”.

Continúa informando o Premio Cervantes 2008 que “sobre a base dunha lei de intercambio de mercancías (CEA, nas súas siglas en inglés) aprobada en 1936 baixo Franklin Delano Roosevelt se establece que ‘a excesiva especulación de mercancías en virtude de contratos de venda para a súa entrega futura provoca súpetas flutuacións ou cambios irrazonábeis do seu prezo’ (www.cftc.gov). Por esa lexislación creouse unha comisión senatorial encargada de vixiar que os prezos dos mercados a futuro obedecesen á oferta e a demanda, pero no ano 2000 o Congreso aprobou –e Bill Clinton promulgou– unha lei que a ‘modernizou’. Resultado: Enron e outras megaempresas que comercian enerxía foron eximidas de someter ao control da CFTC as súas transaccións a futuro realizadas por vía electrónica”.

Nova de A Nosa Terra.

1 Comentario to “PETROLEO: O SANGUE DO PLANETA”

  1. jopicar Dí:

    Especulación, especulación y más especulación, y mientras los “mortales” pagamos el pato.
    Estou hasta os mismísimos da petróleodependencia que sufrimos, quero enerxías alternativas XA!!
    Agora mesmo vou invertir todolos meus aforros en renovables. :)
    Saúde. ;)

Deixe a súa opinión

Debe estar identificado pra facer un comentario.