S.O.S. Courel

Coñeces O Courel? Esta fermosa e privilexiada paisaxe que temos na Galiza oriental ven correndo o risco de desaparecer dende fai moitos anos por mor dunhas explotacións a ceo aberto mal xestionadas e ilegais autorizadas pola Xunta de Galicia.

É por elo que a asociación cultural e ecoloxista SOS Courel, integrada por veciños do Courel e apoiada por distintos grupos ecoloxistas galegos como Amigos da Terra, ven de interpor ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un recurso contra a autorización outorgada polo Consello da Xunta o pasado 21 de xuño á canteira La Campa que viña traballando sen as autorizacións pertinentes dende o ano 1974. Ademais pesaba sobre ela unha orde de peche.

A cruenta situación á que se ven sometidos veciños, augas, flora, fauna, ceo …levou a tomar a decisión por parte de SOS Courel de emprender accións en vía xudicial. Pero por todos é sabido os cuantiosos gastos que isto xenera. A xustiza é lenta, ás veces inoperante e ademais, so apta para algúns petos. Por iso é necesaria a axuda de todos e todas xa que mediante donativos podemos tentar aportar un pouco da nosa sensibilidade ambiental para que SOS Courel salve O Courel en beneficio dos galegas e galegos.

Vaslle ensinar O Courel os teus fillos ou vaslle contar que un día existiu unha reserva verde de Galiza o­nde todas as especies tiñan representación, o­nde pervivían bosques autóctonos, soutos de castaños, devesas, ríos que levaban a fermosos vales, lagoas, colmeas que algún día non fai moito tempo serviron de doce aos osos, brezos e flores ericáceas… e que desapareceron por unha mala xestión administrativa e unha corrupta conduta empresarial???

SOS courel: Todas e todos aqueles que estean interesados na defensa ambiental e cultural do Courel poñemos a súa disposición o noso nº de conta en “La Caixa”

2 1 0 0 2 1 8 3 5 6 0 2 0 0 1 8 1 1 0 9

Se o pesadelo rematara antes do previsto, todo o remanente económico desta campaña, utilizariámolo para a adquisición e restauración de algún anaco de souto abandonado, de calquera outro terreo ou de algunha construción tradicional en ruínas no Courel, para uso e disfrute de todas e todos.

A Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, con NIF G273624 74, con enderezo postal en “Santa Eufemia, nº32, Folgoso do Courel. 27327 Lugo” non ten ánimo de lucro, e tal e como consta nos seus estatutos debe promover todas aquela medidas que leven a acadar a “Posta en valor, recuperación e conservación do Patrimonio Natural e Cultural do Courel”.

Para calquera dúbida, aclaración ou queixa, utilizar o noso enderezo electrónico soscourel@mundo-r.com , o noso enderezo postal indicado arriba ou o telefono 607 22 58 87.

1 Comentario to “S.O.S. Courel”

  1. Seveper Dí:

    Non queda máis remedio q involucrarse e arriar a xarda, cada un na sua medida.

    Queda un longo proceso e q a nosa aportación poda valer a q se decante o futuro do Courel como un ámbito a conservar e a explotar dun xeito sustentable, seria o maior dos logros.

Deixe a súa opinión

Debe estar identificado pra facer un comentario.