O PCLN NUNCA DEBEU DE EXISTIR

Julio 1, 2008 por Seveper

A historia da UPG está arrodeada de escurantismo pero é de todos coñecidas as purgas políticas, en círculos reducidos cada vez máis amplos. E unha figura destaca por riba de todas, pois é secretario xeral hoxe en día e foino durante moitos anos, é don Francisco Rodríguez, o amigo Paco.

Este 2008 cumpriranse case un cuarto de siglo dende que a UPG decide acatar a constitución española. Naquel Congreso da UPG, este postulábase por acatar a Constitución Española por un voto de diferencia. Pero agora resulta que o amigo Paco, o coronel don Paco, conta unha nova versión.

leer máis »

LYDIA CACHO RIBEIRO

Junio 25, 2008 por Seveper

A vida de Lydia Cacho Ribeiro consagrouna a defensa dos direitos dos máis indefensos, a muller e os nenos, nun lugar onde o cotidián é cometer abusos aberrantes contra este sector da población.

Antes de publicar o libro “Os Demos do Edén” (2005), nunha das conversas que tuvo co seu compañeiro, este comentoulle: “Estou contigo no teu compromiso e na tua loita. Pero o que non che perdoaria e que te asesinaran e que só ti teñas a versión de como ocurriron as cousas”. Nel relata historias como a de Gabriela : “Gabriela, ahora de 29 años de edad, casada y con dos niños, asegura que fue víctima de Succar hace 14 años. Que la llevó una amiguita de la escuela, junto con otras ocho niñas. De esas ocho algunas se quedaron y fueron forzadas por Succar a llevar a otras niñas y niños. Ante la pregunta expresa de cuántos menores creen que Jean Succar y Gloria Pita llegaron a fotografiar, y a forzar a tener sexo para grabar videos en esos tiempos, Gabriela, con los ojos arrasados de lágrimas, calcula que quizá se trate de cientos de criaturas”.

leer máis »

O BON EXEMPLO, de Vicente Riva Palacio

Junio 22, 2008 por Seveper

Se afirmase que vin o que vou contar, non faltaría, sen dúbida, persoa que dixese que iso non era verdade; e tería razón, que non o vin, pero o creo, porque contoumo unha señora anciá, referíndose a persoas a quen daba moito crédito e que dicían habelo oído de quen levaba amizade cunha testemuña fidel, e sobre tales bases de certidume ben pode darse fe á seguinte narración:

Na parte sur da República mexicana, e nas vertentes da Serra Nai, que van perderse nas augas do Pacífico, hai unha aldeiña como son, no xeral, todas aquelas: casiñas brancas cubertas de acesas tellas ou de brilantes follas de palmeira, refuxiándose dos ardentes raios do sol tropical á fresca sombra que lle prestan os direitos cocoteiros, copudos tamarindos, rinxintes platanares e xigantescos cedros. A auga, en pequenos regatos, cruza reloucando por todolos rueiros, e atobándose, ás veces, entre macizos de froles e de verdura.
Nese pobo había unha escola, e debe habela aínda; pero entón a rexía don Lucas Forcida, personaxe moi ben querido por todos os veciños. Xamais faltaba ás horas de costume ao cumprimento da súa pesada obrigación. ¡Que vocacións de mártires precisan os mestres de escola dos pobos!
Nesa escola, seguindo tradicionais costumes e uso xeral naqueles tempos, o estudo para os moz@s era unha especie de orfeón, e en diferentes tons, pero sempre con desesperante monotonía, en coro estudábase e en coro cantábanse, o mesmo as letras e as sílabas, que a doutrina cristiá ou a táboa de multiplicar.
Don Lucas soportaba con heroica resignación aquella ópera diaria, e había veces que os mozos, entusiasmados, gritaban a cal máis e mellor; e era de ver entón a estupidez amoldando as faccións da simpática e honrada cara de D. Lucas.
leer máis »

A MEMORIA PRODIXIOSA: ESQUECER É SOBREVIVIR

Junio 19, 2008 por Seveper

Cando tiña tres ou catro anos, gostaba de xogar ás canicas: tiraba-as a propósito embaixo da mesa en que estaba a miña mamai con outros comadres. A mesa tiña un tabique central onde puñan os pés e eu me ficaba vendo… E se me ia a canica como por casualidade por embaixo da mesa para ollar as pernas das señoras. Ése é un dos recuerdos mais antigos que teño.

Até a data, non sei quen é o autor do poemiña que me facia recitar a miña mamai aos seus comadres. Ela dicia: “Que recite Jaimiño”. O poema era longo e acababa asi: “E ao zenzontle rimador / digo-lle baixando o llano / páxaro madrugador / até mañá cedo”. E tamén aprendera de memória o libro de história de terceiro ano e dicia todos os nomes dos reis chichimecas que houbo en México. Tiña unha memória prodixiosa.

leer máis »

O POMBEIRO, UN SINDICALISTA DE CRUÍDO ASASINADO

Junio 16, 2008 por Seveper

XOSÉ ROMERO TUBÍO

No amencer do 16 de setembro de 1936 foi asasinado o primeiro presidente do Sindicato Agrario de Oficios Varios de Cruído (Lousame). Ese fora o día sinalado por un comando de falanxistas para matalo.
Xosé Romero Tubío nacerá en 1897 na aldea de Cerquides. Despois dun curto paso pola escola comezou a realizar as tarefas de labranza que facían os seus irmáns. Máis tarde traballa de fragueiro. Foi cando coñeceu a unha moza da aldea de Cruído, Xoana Martínez Blanco. O noivado transformaríase en matrimonio en 1922. Pero, como as condicións de traballo non eran boas, o protagonista desta historia emigraría a Cuba.
Será á volta da aventura atlántica cando este obreiro, que coñecera no Caribe unhas novas condicións profesionais, comece a participar activamente na renovación política agromada dende a Segunda República.
Froito deste compromiso fundaría o sindicato adherido á CNT. Naquel intre O Pombeiro vivía na aldea de Cruído coa súa dona e os tres fillos: Francisco, Xosefa e Xosé. Xa non traballaba de fragueiro porque conseguirá un posto como capataz de obras nas estradas.
Foi nesta tarefa cando protagonizou varias accións salientables: liderou algunha folga contra os contratistas, conseguiu que as mulleres votasen nas eleccións de 1933 e enfrontouse cos sectores máis reaccionarios do seu concello. As súas accións non pasarían desapercibidas para os representantes da Acción Popular e a Xuventude Católica.

leer máis »

HISTORIA DAS COUSAS

Junio 15, 2008 por Seveper

Disponte a asistir a unha clase do básico, do que temos diante e non vemos, do dramatismo deste mundo que afogamos falando do futbol ou do tempo.

Dispois do visto a actitude máis revolucionaria está en evitar o consumo e tentar de poñernos as pilas (recargables) no noso entorno máis próximo: a nosa casa; e incordiar ós gobernantes locais para que se xestione dun xeito sostible, ainda así, a crisis é fonda.

  • Entradas Recientes

  • Loita contra o spam.

  • Meta








  • BlogESfera - Directorio de Blogs Hispanos

    Aloxado en